O Galo
Luís Amado Carballo —1901-27— atópase ainda moi perto de nós. O seu pulso latexa coa forza d'hai uns anos nas nosas letras. E por eso, poI-o ter tan perto, coido audacioso o intento de o definir dentro do conxunto da xente moza.Ha de pasar tempo. A literatura de hoxe irá madurando e tomando corpo n'unha persoalidade integral. E logo, ô frente d'unha edición ben ordeada e composta da sua obra, será o intre de señalar, xustamente, o seu posto no mapa do noso renacimento.
**Camiño da miña terra —como sua nas veiras de Lérez— dei con él (vrán de 1927) n'unha casiña homilde de Pontevedra. Inda que nunca nos víramos os nosos brazos cruzáronse como pra refrorecer unha vella aperta. Falamos de "Proel" —que saíra facía pouco—, da nova xente e das novas ideas encol da nosa terra. El agardaba vivir n'unha escola da montana —quezais poI-o outo Paraño— onde se reporía da saude perdida na bretemosa veiramar. Comporía libros de romances galegos e vidas de santos. Remataría a carreira de Letras. Na rede miragreira da Edade Meia galega enmallara o seu espírito de poeta aldeán.Aquel mesmo día — ¡quen-o dixera!— ô longo das ruas vilegas quedou a madeixa das suas pisadas derradeiras. Non tardou a morte —él ben-a sentía ir e vir ô redor seu con silenzos de loba— en s'erguer diante d'él, ispida e dura, pra lle segal-a vida coma un xunco.Vida a sua na que Galicia acochaba un tesouro de verbas risoñas.
**Din as xentes que pol-a veira do río unha moza namorada escoita o ecoar das augas nos valgados e o remorso das carballeiras, soñando n'ese tesouro de verbas que nunca mais frorecerán.
O. E.
O Galo
Abrell'as portas ao díaco-a chave do teu cantarque xa na fonte da Luaestá lavada a mañán.
Bótall'o teu aturuxoa paisaxe dend'o valqu'o gran balbo das estrelascairá serodio no mar.
O campo cheo de fríobusca un anaco de sol,alcéndelle unha fogueiraco lume da tua voz.
S - 6
A sua queixa no brañaldebulla con voz de prataa fonte, nunha sonatano clavecin de cristal,e arrente d'unha silveiramonea no violóncon triste e pesado sonunha abella aventureira.
Aló n'un souto remotoun grilo ben afinadotrema un fadiño miñoto«muito ben repinicado»,e o concertista pin pinrebuldante poI-os matosacompáñao en pizzicatosno seu besgo violín.
O xílgaro mais alácon voz de tipre barataacomete unha fermatade ópera italiâ,e o cuco no piñeiralcon gran degaranza probana frauta do trinque novatod'a escala natural.
Entran «a tempo» facendoos piñeiros violinistasen compaña dos soistasun sentimental crescendo,e como na Pastoralten un canto realistad'emoción oitocentistao rego antr'o salgueiral.
Desconsolo
Deixando aa fonte á chorarfuxe o río pol-o quenllecon pasadas de cristal...
— Ay amante, amante¿cando voltarás?,será pol-a Páscoaou pol-a Trindá...
O cantar do merloquérea consolar:
Voltará o amanteben cedo cicais,cicais poI-a Páscoaou pol-a Trindá.Pon frores no pelosi é de lei, virá.
Contéstalle a fonteno seu saloucar:
Amores que fuxenxa non voltarán,nin pol-a Páscoanin pol-a Trindá.Soyo follas secasOutono m'ha dar.
Ficaban tan soyona branca mañán,o fuxir do ríoy-a fonte a chorar.
Noivos
Primaveira galanadacon collares de luare con pendentes de estrelasestá ô seu noivo á agardar.Domente os ventos de Marzotecen seu manto de noivapregunta ao paxaro sabiodegarante e ruborosa:Cuco-reyrabo d' escobacantos días faltanpara a miña boda?
O paxaro decontadopoñíase a cantare o corazón latexanteestaba a moza á contar:Un, dous, tres,te non trabucachemeu bô cuco-rey?
Domente qu'ela escoitabatremecida de vergonzaxa estaba Mayo galánentrándolle pol-a porta.
As cantigas do berce
Un carrizo namoradoafogóuse nun luceiro;chora o monte y-a campía,de loito vistius'o vento.
Como un paxariño horfonas mans morréusem'o día,arrechegueino ao meu peitopor ver si lle daba a vida.
Vaite choiva e vente solqu'imos á xogar â leiracô moneco bonitiñoque meu pai trouxo da feira.
Aquil berce está valeiroy-a naiciña anda a chorar,o meniño está no ceocoas estrelas a brincar.
A campía escurecidachora tremando co frío,a probiña quedóu horfaqu'o día afogóu no río.
Lua
A lua é velliña,de brancos cabelos,de enrugas de ouroe de olliños cegos.
Érguese do leitodas foulas do marpalpando os espazospara camiñar.
Anda pol-o mundosin ver a onde vaypoil-as estreliñaslévanna da man.
Envolveita en néboashase de abrigarpois como vai vellatense de coidar.
Cando na outa noitebrua o temporala lua antr'as tebrastápase a tremar.
E así qu'o mal tempoamainado vaiasoma a facianay-espalla o luar.
Os Reis
Na branca noite de invernoacochadiño co frío,envolveito no luar,no salgueiral chora o río.O camiño tortoque vai pra Belénlevaba no coloaos tres vellos reis.Anda a lua poI-o ceo,vaga lembranza a chorar,o vento ficóu pousadonas ponlas do piñeiral.A estreliña erranteaboya no alén,dos mares do ceobíblico bourel.A noite está caladiñae o silenzo abríu as azas,pra non espertar ao nenoaté os astros se pararan.Ao roibo meniñoque ven de nacer,dos xardíns da groriatenro carabel.PoI-os montes e valgadaschegan pastoriños nenoslevando nos corazónsarrecendores d'encenso.Líricas ovellasandan a xemerno colo das mozascon voz de rabel.Cantan salmos as estrelasacunadas poI-o marque brua con son de orgaounha canzón de arrolar.Cinguidos das tebrasos velliños reiscamiñan soñandoco amañecer.PoI-as rayolas da luabaixan falando a modiñoanxos que velan o sonodo divino pequeniño.O craro camiñoque levaba aos Reischegando ond'o nenobicáball'os pés.
Muiñeira
Brinca o sol...na campía noiva...como un corazón...Brinca o sol...Unha mañán de San Xoanatopei a fror das ágoas,dend'aquela levo en minunha mágoa de arelanzas.Na terra...no ceo...no monte...no val...Non atopo acougopra tan fondo mal.Agora que ven o tempodos romaxes e rueirosconfesarei meu amorâ meiga nena qu'eu quero.Cantorreiseñorque cantas â luaque cantas ao sol,dam'o teu tremarque chore ou que morraarelo cantar.No peito do serán tenrocravei unha bágoa brancae cando chegóu a noiteera unha estrela de prata.Chouta no muiñotolo remuiñodas ágoas ferventesa escuma alboral.Cantigas de amoresas bágoas da luaaheito no chán.As campanas de Mourenteas campanas de Marcónxogan nas nubens do ceopol-a festa do patrón.Corren toleironasapañando estrelasno fondo do mar.A cantata líricados grilos nas leirasrecende a luar.Con limpos traxes de festabailan copras e alalásencol das veigas lavadaspol-o orballo da mañán.Brincan con lediciade donda cariciapol-a herbiña mol,segándoos con foucesde lua crecenteapañan n'un feixeos rayos do sol.O luceiro namoradodos falares da fontenlaquixo ser folla outonizapra verse afogado n'ela.Un triste cantarpendura das ponlasd'aquel piñeiralbágoas de saudade,tenra despedidaas azas das dornasque van pol-o mar.A campía escurecidachora tremando cô frío,a probiña quedou horfaqu'o día afogóu no río.Vel-o ei vai o sol,abuado, tristeiro,sin lus, sin coor...Vel-o ei vai o sol...
Vendima
Duro coitelo de lua,o aturuxo da raza,fai vendima de cantaresna viña da miña alma.
De tanto sol que acotíoentra no peto do marun asombrante tesouronas suas fonduras hai.
Cheo de lus amarelao albariño miudo,garda nos seus louros ácioso celme do sol maduro.
O pano longo do marinxuta o suor da lua.As estrelas embazadascabelan as suas prumas.
A corda do hourizonteaforcará ao día mestocando o sol coroe as ágoasde saloucos sanguiñentos.
Os piñeiros mortos
Afiado o berro dos carrosfende o sol-pôr amarelo.Rube a lua poI-o montepara despedil-o enterro.
—
As estrelas en ringleirasalumean o vieiro;o bosque despeiteadoenloitouse de silenzo.
—
Co ollar humido de verdecamiñan os bois labregos,levando os piñeiros mortosno primeiro cadaleito.
—
—O serán cóncavo e fondomolla poI-o mar os ecosdas doídas bateladasque pinga a campá do ceo—
—
Ficou chorando no campoo enorme e viudo vento,buscándoos âs palpadelasna orfandade do ermo.
Mariñeiro
Era un peixe e ficou presaa tua ollada sangalno aparello do hourizontesin poder ir mais alá.Pigoreirodas mansas foulasque borracho de lua estás,nos teus ollos debalan os lonxescomo as foulas no horfo areal.No Stadium do mar abertosintindo a marea ampearganache o Derby do ventoJockey en foulas pur sang.Mariñeiro—poeta das ágoas—o teu remo bravo e lanzalescribíu unha estrofa na ríapara un canto de libertá.Teu corazón ao garetealgún día ancorarásnos portos sentimentaesque treman no teu ollar.Mariñeirode ollos viaxeiros—irmandado cô temporal—o proel ispido da canzón tuano argazo balbo foi aniñar.Nunha noite de galernaos ventos atoparáncomo unha cruz, teu cadavrenas mans viudas do mar.
Outa mar
Sal o fato albar das foulasá espallarse pol-o mar,a lua vainas gardandocon fidelidá de can.
Encol do berce das ágoasestá o vento adormecido,no ceo morno e cinzentoficóu o día esquencido.
No mar noviño do trinquebáñanse as nubens preñadasque pra curar mal de andacioviñeron dend'a montana.
As estrelas pescadorasmaman o leite do abrente,nas cuncas de pau das dornasa escuma das velas ferve.
Nas ágoas do amañecera choiva larga o aparello,fican pechadal-as roitase o mar tornarase cego.
Fuxe o día encol das ágoasnas velas do galeónque leva a estrela da tardena punta do botalón.
Cabela, cabelaarado e traineira,unha poI-o maroutro poI-a terra.
Pandeirada do bó e domal tempo
Quente como un corazónnos secos beizos da terraoxe deita sangue o sol.
O vento é bon tecelánque côs novelos das nubensfaille unha sabán ao mar.
Soa o mar como un pandeironos cons da costa barudabaticado pol-o vento.
O sol berróu coa mañán,ela ten bágoas nos ollosél non saíu a alumear.
Pra tomar pulo no vôo sol póusase na terranos uzales do Avión.
Cando vai pechando a noitea neve con medo ao loboven baixando poI-o monte.
Muiñeira de todo tempo
Antre herbales frescoso craro camiñoarrastrando os zocosvai para o muiño.Envolto no ventotirando do cháno piñeiro é un groboe arela voar.Ei ven o tempo de sachal-o ceoei ven o tempo do ceo sachar,segal-a ferrán das nubens serodiaspara as estrelas do vran sementar.O campo está hoxede fresco pintado,esta noite os ríosdormen enrolados.A Illa de Onspreñada do mardurmiuse no bercequ'avala o luar .Lambe o voo sangal das pombas no lonxea man agoacenta do ceo enrugado,de tanto rubir ao monte con xenteo probe camiño xa vai medio canso.Naceu antr'as nubenso Outono frieiro,ollos amarelosque choran no vento.Bica o vento mozoa terra dispidacos beizos quencidosda rosa alcendida.
Arrieiro
Oubeando pol-a bouzao vento murcho d'outonoanda pol-a noite adiantetriste como o can sin dono.Ao baixar poI-o Parañoxa se esperguizaba a Luaantr'as foIlas d-un carballo.PoI-o camiño de estrelasesbara o cantar do arrieiro,leva o compás nas campaíñaso macho que vai dianteiro.Medra como unha mareao avalar perguiceirodas montanas de Tras- Deza.Nos meus beizos dorme o bicoqu'algún día ch-ei de darcomo dormen as estrelasarroladas pol-o mar.Ao chegar ao Carballiñoeran as doce na luay-estaba morto o camiño.No argadelo do teu corpodevano a miña emoción,un repinicar de estrelasvoa no meu corazón.A costiña de Canedoagarda ao sol que lle fagaa loira trenza do pelo.Contei meu querer â luapor non ter con quen chorar,dend'entón as miñas mágoasson dondas com-o luar.Xa canta o vento gaiteiropeiteando os soutos barbudosque a luzada virá cedo.Pra o muiño do luarque fartan ríos de tebrasa moura moega do ceobotaba o seu grau de estrelas.
Canto de Arada
O val é un niño quenteonde de espaldas â igrexapor direito de pernadacásase o arado coa terra.Sementías de milleirose montanas cachapudas...¡Terra brava de Soutelo!O sol vai guiando âs nubenscoa sua aguillada tépeda,brinca coma un chafaríso cantar d'unha laberca.Rube pol-a encosta o ventolevando feixes de nubensacarón de Sanguñedo.Ceo e terra están ispidoscomo outrora Adán e Eva,foi a mazán do pecadounha nuben volandeira.Na caeira de Vilariñoao chegal-a primadeirafai a brétema o seu niño.As nubens choutan â combacoa corda do Arco da vellae pol-o monte os camiñosfuxen co medo das têbras.O Sol cara a Milleradavai segando na ferráncoa sua fouce dourada.En ringla pol-o hourizontecoas candeíñas acesasventaba a morte do díaa compaña das estrelas.Xa saíu a Lua chocalevando o fato dos pitosenriba de Pardesoa.Encol da Terra de Montesfunga o Sol como unha abelladeixando vinchas de melescoando pol-as leiras.O vento cego reloucaviudo de clocheles e árboresno casal de Vilapouca.
Pontevedra(Século XIX)
Pontevedra é boa viladá de beber á quen pasaa fonte na FerreríaSan Bartolomeu na praza.
No dondo colo do ventoquedous'a choiva durmida.Lonxe as casas da cibdadebaixan á beber na ría.Dos beizos escoa a copraPontevedra é boa vila.
Cand'o sol cae nas pedraspescudando un grolo d'agoaa sombrilla abren os árborespar'o paxaro ximnasta.Fervendo luz de lua frescadá de beber á quen pasa.
Choutando pol-os clocheles,entrou o Corpus na vila.Chora esquencida na ruaa gaita recen nacida.O ceo vai com'un foguetea fonte na Ferrería.
Trema no berce da tardea vella voz das guitarrasÔ pé da rexa amorosaveu morrer o toque d'Animasque bota a pastar nas nubensSan Bartolomeu na praza.
Comentarios
Cargando comentarios…