A mañán de corpus

Proel

A MAÑÁN DE CORPUS

Pol-a mañan de ben cedocolmeas d'ouro, as campanas,espallan o fulvo enxamede viaxeiras badaladas.

Cheiran a xardín as ruas,alamedadas de rosas.No ár chilan anduriñascomo nenos sin escola.

Pol-a ría, van as dornas,moceiras, engalanadas.O sol —manso boy bermello—pasta no verde das ágoas.

As córes do arco da vellaferven na Danza de Espadas.Na ágoa dos tamborilesaboya unha ribeirana.

Comentarios

Cargando comentarios…