O cruceiro
Proel
O CRUCEIRO
O xesto monacal da pedrabenzoa o acougo da aldea...
Axiónllanse os camiñosabrazados ao cruceiro,nunha azul eternidadede pedra e ceo.
A agonía do sol-porconmove o planto da terra,e a paisaxe presígnasecon santas cruces de pedra.
A campaíña de pratado día,latexa un ángelusde epifanía.
E o sol agonianteven a encravarse na cruz,abrindo os marelos brazoscomo o salvador Xesús.
Comentarios
Cargando comentarios…