O madrigal a Marucha

Proel

O MADRIGAL

A MARUCHA

Cando o día anda a morrerencol do mar amareloe furan os seus salayosa verde seda do vento...Asomareime aos teus ollospara ollar o craro ceo.Os teus ollos namorantesque gardan a Lua dentrona lágoa da miña almaespallarán un luar tépedo.O meu corazón a festarepinicara algareiro.Aos teus beizos frorecidos,pombal de verbas amantes,fan romaxe os meus amoressilandeiros e arelantes.Na fonte da tua bocabebín as miñas saudades.No abrente da tua almao paxaro milagreiroda miña ilusión vaganteaniñara no teu peito.No limiar da tua almadurmirase un bico tenro.Recendentes caravelesno serán da tua facianaincensan as soedadesqu'en min deixara a lembranza.Na cor das tuas meixelasqueimouse a miña añoranza.Nas tuas mans pensativas—santa almohada dos meus soños.—o meu espíritu nenoacóchase con arrolo.Os nardos das tuas manstecen meu lírico ensono.O teu sonrimento nevadocemente no meu peito,orballando craridadescon maino e levian concento.Do fondo da miña vidabenzoache o meu silenzo.A tua voz ateigadade dourados agarimos,pendura nas miñas mágoasun resprandor cristaiño.No salgueiro da voz tua,frorece o meu dor amigo.

Comentarios

Cargando comentarios…