Saudade
Proel
SAUDADE
Meniña, pecha a fiestra,non deixes á noite entrar;para tebras ben abondanestas que comigo van.O vento anda espenuxadooubeando como un can,e na zanfona do bosquesalouca un tolo cantar.Que arelas tan fondas sintode deixal-a alma vagar,de perdel-o corazóncomo unha dorna no mar.Este fondo mal qu'eu teñoninguien m'o pode sandar;a miña alma no ensonopor vieiro iñorado vai.É o herdo da nosa razaesta mágoa de ideal;sentir remotos degoiros,chorar sin saber o mal.Meniña... pecha a fiestra,non deixes á noite entrar;para tebras ben abondanestas que comigo van.
Comentarios
Cargando comentarios…