O cego
Proel
O CEGO
Nas suas mans primadeiralesque unxidas de alma leva,os seus dedos sabios fíanna mazaroca da brétema.
O corazón do camporeza nos seus ouidos,letanías de coresen poemas de soídos.
Baixo a ágoa estremecidado seu violín labrego,nun salayo agoniantelatexa un sol amarelo.
Diante d'el, na corredoira,o verde vento do mar,lle ofrece a sua man piadosade lazariño aldeán.
Os cadávres dos seus ollos,que fan a sua vida tráxica,entérreaos no cadaleitoda surrisa ensanguentada.
E o probe ceguiñoenloita a sua voz,pidindo unha esmolapol-o amor de Dios.
Comments
Loading comments…